Antollo (capricho en gallego, poesía)
Tremíanlle as pernas ó mirala.
Latexaba con forza o corazón
e tan só era furelo o león
dado que o azoutaba un ciclón
vendo que podía acariñala.
Con serpentinas desexou atala.
A sua tez alumou a habitación
e volveuse cobardía o tesón
que atesouraba o louco falcón
cando chegou a hora de amala.
Ollar pra ela xa era desexala.
Sabíase un falso escorpión
que se aproveitaba da ocasión,
mais no fondo tiña medo danala.
O arroaz, como candente bala,
surcou a enseada de algodón
buscando acomodo no calellón
e a doce pomba quedou sen fala.
Virxinal era a preciosa cala,
moi distinta da que o tolo furón
fora visitando en hora mala.
Soubo o lambón que iba adorala
ata que a morte viñese a traizón
e o levase á escura sala.
Xosé Enrique Oti García.
Comentarios
Publicar un comentario