Antollo (capricho en gallego, poesía)
Á carballeira nacéronlle chalés.
O piorno forma parte dun balado.
A tenda pariu un supermercado.
A horta é de cemento armado.
O neno non sabe qué es un trespes.
O labrego está falando francés.
O paraugueiro está retirado.
Os carros das vacas xa son pasado.
O campo de fútbol está pobrado.
Morreu na porta o que foi un ciprés.
A viña é almacén de ferrogrés.
O salgueiro chorón está finado.
Descoñecidos pasan o meu lado.
Alguen dixo que papaba os cen pes.
Andresiño é agora don Andrés.
O carreteiro un adiñeirado.
O ignorante se cre un letrado.
Voto de menos os zocos nos meus pes.
Voto de menos ó cativo aloucado.
Ser vello faime ver todo do revés.
Xosé Enrique Oti García.
Comentarios
Publicar un comentario