O avó (el abuelo)

Tempo de pan de millo, tempo formal,
o aldeán aínda  tiña porte,
burras, cabalos, achaban a morte
no medio dunha estrumada corte
porque se respetaba ó animal.

Tempo de pan de trigo, tempo fatal,
porque o aldeán perdeu o norte,
e na súa impiedade se fai forte.
Nada neste mundo lle da corte,
xa non se lembra do vello ouriñal.

Moito topo presume de racional,
sabendo que con moita sórte,
el, e a alimaña da consorte
serían porcallada dun manancial.

Estatuas de granito nun pedestal
que quizais un día sexa resorte.
Xogadores dun despiadado deporte
onde gaña quen ten corazón de metal.

Levan ó avó o asilo letal.
o levan sen que a niguén lle importe,
mais queda unha carga espiritual.

Está aprendendo o novo pardal,
e se no hai una acción que o aborte
o seu pai achara o mesmo final.

Xosé Enrique Oti García.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Colibrí adulador (poesía)

Soneto en gallego (poesía)

El árbol caído