Soneto en galego

As melindradas  feitas con tenrura

son das que poden avivar o amor,

son una mestura de dozura e candor

e vanche destilando donosura.


Acariñar é chegar á fondura

onde  a mel é un talle redentor

que te fai suspirar ó seu derredor

ata que te mergullas na loucra.


É coma soñar estando esperto,

é poder disfrutar do seu encanto

cando che deixa o ceo aberto.


É abrigarse cun precioso manto

coñecendo que o teu maior acerto

foi o habela desexado tanto.

José Enrique Oti García.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Soneto en galego (poesía)

Versos eróticos

El árbol caído