Antollo en galego - Os pecados capitais

 Eu pequei de "soberbia", petulante,
porque non quixen na fame esmola,
     anque viñera deses da estola.
  De "envexa" co cheiro dunha ola
    ateigada de chicha fumeante.

     De "gula" ó ver algo diante,
     en especial se era de tixola
    acompañado de pan e cebola
  De "ira" ó zouparme na escola

 porque quería morder ó cargante.

    De "avariza" o soñar con ante
       cando abordei a idade tola,
   e mentres trepaba por unha farola
     funme convertendo nun tunante.

     De "luxuria" coma un mangante
      ó ver nunha rosa una centola.
De "preguiza" por non romper a cachola
     dalgún que se pasaba de arrogante.

         A inseguridade foi insultante.
        Fíxome moverme na vella pola
      donde pousa o reiseñor sen cante.

      Desde cativo fun un inconstante.
       Vagaba no meu mundo de trola
        porque me via insignificante.

        Xosé Enrique Oti García.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Colibrí adulador (poesía)

Soneto en gallego (poesía)

El árbol caído