Carta a miña nai (Carta a mi madre)


Tiña gañas de escribirlle unhas rimas
anque sei que nunca as vai ler,
falarlle de latentes estimas,
do que non foi e do que puido ser.
Vostede me trouxo ao mundo,
vostede me deu un teito,
se ás veces fun nauseabundo
xamais o fixen sacando peito.
A unha nai tense nun pedestal
anque nunca se lle de a demostrtar,
xa que o home é ese animal
que soamente sabe ornear.
Moitos son esos momentos
en que o día se me fai noite,
quero amosar os meus sentimentos
pero non consego que me escoite.
Ás veces quizáis sexa por cobardía,
quizáis porqué teño vergoña
non lle digo que é como melodía
cando lembro que me quitou a roña.
Hoxe semella que morreu o vento
nos brazos das vellas almeas
pois acaríñame un contento
que fai anos non sentía nas veas.
Mañá pode regresar o temporal
e espertar vellos remordementos
pero sei que nesta vida o esencial
é vivir pouco cos esperpentos.

Xosé Enrique Oti García.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Colibrí adulador (poesía)

Soneto en gallego (poesía)

El árbol caído