Soneto en galego - O seu riso( Poesía)
Perla brillante en cuncha dourada ,
mar inmensa con ondas prateadas,
cáliz con amatistas engastadas,
cofre coa dulzura encerrada.
Arco iris na noite pechada,
brisa que refresca xentes honradas,
alento das penas encadeadas,
raio de sol na campiña soleada.
Calandra que ama ao seu reiseñor,
canaria que aniña na verdade,
aguia que vai voando con esplendor.
Panacea para a ansiedade,
antídoto eficaz para a dor
é lembrar o seu riso en soidade.
Xosé Enrique Oti García
Comentarios
Publicar un comentario