Once fíos (once hilos, poesía)

    ¡Qué ven o dono pola tomada!,

   díxenlle ó anxino aquel verán,

 e mentres nos berraba o hortelan

  cunha ameixa aínda na sua  man

      corría a moneca, asustada.


   Na ponte da Gulpìlleira, parada.

     Se sentiu un xigante o gañan

      ó saborear una froita louzan.

  Un primer beixo que faría gabian

   a quen so era gorrión de barriada,


    Tiña dozura na sua pel, tatuada,

     desprendía aroma a azafrán.

  facía sentir ó grumete, capitán,

      na goletiña da dita soñada.


    Once fíos de seda, namorada,

   once fíos de aprendiz de rufián

  tentando burlar a moito mexacan

  que na sombra nola tiñan xurada.


      Certo que era unha rapazada,

mais nos tempos en que faltaba o pan

      o cariño era cousa sagrada.


   E a bolichas, a castañas asadas,

    a membrillo, froita temperán,

sabían os beixos polas vaguadas.


Xosé Enrique Oti García.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Colibrí adulador (poesía)

Soneto en gallego (poesía)

El árbol caído