Antollo (capricho en gallego, poesía)
A voz era coma eco estelar.
Tiña o susto no seu regazo.
Os ollos se tornababan en angazo.
Os xestos eran coma o pedrazo.
O seu soriso facía tiritar.
Contos de noxentas bruxas no pinar.
Diaños facendo maldades no pazo.
Defuntos buscando un novo lazo.
Sacauntos que quitaban o bazo.
Morcegos que nos querían desangrar.
Luz de candeas en continuo vacilar.
Caldo fumeante no vello cazo.
Os silencios gardaban un sabrazo.
Foi estremecedor o pestanear.
O gato chegou a atemorizar.
O seu ronroneo coma abrazo.
ia apertando espiñazo
ata que nos se podía respirar.
Macabra foi a forma de disfrutar
sendo cada conto grande bombazo
que ó mismo diaño puido asustar.
E aínda agora podo lembrar
o medo chegando coma puntazo
feito de neves que me facían suar.
Xosé Enrique Oti García.
Comentarios
Publicar un comentario