Soneto en gallego (poesía)

       Así era eu (así era yo)

¡Que suor me custou saír do xaneiro

que me ataba con rexas cadeas!
O xaneiro dos gorrións das aldeas
que debe nacer con nós ventutreiro.

Estaba debaixo dun ameneiro
collendo garabullos e candeas
a bela onda das miñas mareas
e comezóu a trinar un xilgueiro.

Veume de repente a inspiración
e díxenlle que por ela trinaba,
que por ela latexaba o seu corazón.

Algo naquel momento xermolaba, 
pois descubrira na miña ilusión
que era o xilgueiro o que falaba.

Xosé Enrique Oti García.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Colibrí adulador (poesía)

Soneto en gallego (poesía)

El árbol caído