Soneto en gallego - Poesía
O seu sorriso
O seu sorriso encheu o firmamento
do penitente do mais triste camiño,
camiño que o levaba ó viño
para esquecer un porco tormento.
Mais so foi unha pomba de contento
que voando se alonxou do seu muiño,
dun muiño, escuro e pequeniño,
donde o amor se fora co vento.
Cando un nace, pobre, miserable,
a ledicia é garza pasaxeira,
mais o seu sorriso estivo a revoar
coma anduriña sobrabraceira,
e entre laureiros o fixo soñar
con aquela lonxana vez primeira.
Xosé Enrique Oti García,
Comentarios
Publicar un comentario