Soneto en gallego (poesía)

Naceu a muller (nació la mujer)


Coma viaxar en ondas ventureiras

para ir descubrindo novo fado.
Coma atopar monte perfumado
despois de deixar atrás as lameiras.

Coma achar ameigadas ladeiras
feitas con anaquiños de agrado
que me levaron ó ceo loado,
foi estar entre as suas cadeiras.

Dos seus  luceiros, o Arco de Vella,
saíu coma  herbiña na campiña,
logo, volveuse brillante centella.

Naceu a muller, finou a meniña.
Se me meteu entre cella e cella.
Aínda  na miña vida camiña.

Xosé Enrique Oti García.









Comentarios

Entradas populares de este blog

Colibrí adulador (poesía)

Soneto en gallego (poesía)

El árbol caído