Soneto en galego (Soneto en gallego, poesía)

Silencio que chega despois do trono.

Serenidade despois do letargo.

Eufonía que ten fondo amargo.

Soidade donde pernocta o sono.


Miseria na vasalaxe do dono.

Estupidez que chega por encargo.

Monotonía que ven con recargo.

Nostalxia que leva ó abandono.


Claroscuro na noite da lembranza.

Chuvia e sol no inverno loitando.

Pedrazo na eira da esperanza.


Trebons no horizonte asomando.

Noite que rompe a última lanza.

Setenta mouchiños van revoando.

Xosé Enrique Oti García.



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Soneto en galego (poesía)

Versos eróticos

El árbol caído