Soneto en galego (poesía)



  Vella chepuda é a soidade
(Vieja jorobada es la soledad)


Haberá indecencia na furia,
quizais na decencia, frivolidade,
mais mesturando candor e saudade
non vai vir do inferno a luxuría.

Por mor deses relamidos da curia
non vou sentir polo teu mel, saudade,
que vella chepuda é a soidade
e sempre leva manto de penuria.

Eu heite facer voar e revoar
cando visite a frequiña ermida.
os montes as leiriñas e o pombar.

Afogarei en gozo a tua vida,
fareite soñar despois de soñar
ata que a dita te deixe rendida



Comentarios

Entradas populares de este blog

El árbol caído