Outro que ben baila (soneto en galego)

Acariñou a neve na ladeira

as lacias ramas dun velo carballo,

e a un piñeiro partiuno un raio 

feito de tolos ciumes e xenreira.


Carballo vello de nobre madeira

non estés oufano por vencer ó maio.

que anque o maio miren de soslaio

non é o perdedor da carballeira.


Gañaches caraballo con malas mañas,

mais non sabes que ela é unha eiruga

que che quere comer as entrañas.


Piñeiriño se forte e apeituga,

xa verás máis neve polas brañas,

neve que ó metal non se subxuyga.

Xosé Enrique Oti García.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Soneto en galego (poesía)

El árbol caído

Versos eróticos