Vella chepuda é a soidade (Vieja jorobada es la soledad)  Haberá indecencia na furia,    quizais na decencia, frivolidade,   mais mesturando candor e saudade   non vai vir do inferno a luxuría.     Por mor deses relamidos da curia   non vou sentir polo teu mel, saudade,   que vella chepuda é a soidade   e sempre leva manto de penuria.     Eu heite facer voar e revoar   cando visite a frequiña ermida.   os montes as leiriñas e o pombar.     Afogarei en gozo a tua vida,   fareite soñar despois de soñar   ata que a dita te deixe rendida        
 
Comentarios
Publicar un comentario