O mercado

 Pequeno gran labrinto de cores

onde os mouros, negros e xitanos

son ollados como seres humanos

atópase na rúa dos vendedores.


¡De coiro a cazadora, señores!

`¡Es loza de Sargadelolos, hermanos!

¡Baratos, baratos estos tejanos!

¡Bragas a un euro, señora Dolores!


Ó final pouco das e menos levas,

mais a calidade está nos tratos, 

pois causarán unhas pequenas quebras.


Xa non serán tan negros os mulatos

e os xitanos ata os elevas

á condición de personaxes gratos.



Xosé Enrique Oti García,


Comentarios

Entradas populares de este blog

Soneto en galego (poesía)