¿Quen? (versos en gallego)

¿Quen non lle prendeu lume a un pallar?
¿Quen vendo a rosa que florecía
non atopou o candor que nacía
coma una rima na poesía?
¿Quen non fixo a unha moza soñar?

¿Quen non foi  gaivota na súa mar?
¿Quen non amosou doce pleitesía
e no intre en que se estremecía
non pensou que nunca a perdería?
¿Quen non fixo a unha garza pecar?

¿Quen non foi paxaro ó revoar
sobre un paraíso de mencía
que emborrachaba ó mesmo día?
¿Quen non fixo á madreselva trepar?

¿Quen non se chegou a emocionar
cando a papouliña se derretía
coma unha onda na maruxía?
¿Quen non fixo a un luceiro brillar?

¿Quen non foi leñador no verde pinar
onde polas tardes sempre amencía?
¿Quen non fixo a inocencia vibrar?

¿Quen non deu todo o que tiña que dar
e acabou catando  melancolía?
¿Quen por un adeus non tivo que chorar?


Xosé Enrique Oti García





Comentarios

Entradas populares de este blog

Soneto en gallego (poesía)

Colibrí adulador (poesía)